Arte fuxidía na Fundación RAC, a través de estudantes de Belas Artes
Por Redacción
A Fundación RAC, situada na Rúa Sarmiento, ofrecía só durante a xornada de tarde deste xoves unha exposición baixo o título 'Los frágiles secretos de su mente', unha proposta da estudante de Belas Artes, Pilar Casas. Trátase dun traballo para a materia 'Xestión, ámbito artístico e mundo profesional', do decano Xosé Manuel Buxán.
Durante unhas poucas horas, as obras de artistas e estudantes da Facultade de Belas Artes atopábanse abertas ao público. Son traballos de Ruth Vidal, Sergio Vidal, Mateo Barcia e Pepe Eiras e das irmás xa graduadas Lara e Noa Castro.
A inauguración desta exposición efémera realizábase durante a noite do mércores. Nas propostas artísticas obsérvanse as perspectivas da mente que teñen estes novos talentos,a través dunha análise interior.
Na sala podíase ver o punto de partida da videoinstalación en tres canles simultáneas 'Non dorme ninguén polo mundo', de Lara e Noa Castro; ou unha peza de Mateo Barcia, estudante do mäster en Deseño e Dirección Creativa en Moda, que é unha metafora sobre a obra artística, segundo defínea a comisaria Pilar Casas en declaracións ao DUVI.