Aprazado por covid o concerto do dúo Loura no Edificio Castelao
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O Museo de Pontevedra ven de comunicar o aprazamento do concerto ‘Cadros musicais para unha exposición: Castelao en Europa. A viaxe de 1921’ que se ía celebrar este xoves no Edificio Castelao "por positivo en COVID dunha das persoas integrantes do Dúo Loura".
Ia ser un recital de violín e piano a cargo dos compoñentes deste dúo, Lourdes Olvés e Raúl Rodríguez, no que se tiña previsto que interpretaran pezas nacionalistas e impresionistas dos primeiros anos do século XX, na época en que Castelao realizou unha viaxe por Europa no que se nutriu de numerosas influencias.
O concerto englóbase nas actividades relacionadas coa exposición 'Castelao en Europa. A viaxe de 1921', que permanece aberta ata este domingo 23 de xaneiro. A entrada a esta actuación musical é libre ata completar a capacidade do espazo.
Dentro destas actividades, tamén se atopa aberta a inscrición no taller para reinterpretar tipograficamente imaxes e textos do Diario de 1921 do autor de Rianxo. Será o sábado 22, entre as 11.30 e as 13.30 horas. Para participar é preciso apuntarse a través do correo educacion.museo@depo.gal.