O "violinista rebelde" suspende a súa actuación en Pontevedra por covid-19
Por Redacción
A actuación en Pontevedra de Strad, o coñecido como violinista rebelde, terá que esperar. Estaba prevista para o 23 de xaneiro, pero foi suspendida por "temas de covid-19".
Así o confirmaron desde a súa oficina de representación, que avanzan que buscarán unha nova data para que o artista poida presentar en Pontevedra o seu espectáculo Mundos opuestos.
Jorge Guillén, o nome real deste violinista, está considerado un dos máis virtuosos do momento, e atopábase de xira presentando xunto á súa banda este novo espectáculo, que fusiona temas propios con clásicos do rock, flamenco, pop ou música clásica.
Trátase de unha "homenaxe a quen máis sufriron na pandemia, os nosos maiores", destacaban desde a promotora do espectáculo.