O violín rebelde de Strad chega a Pontevedra
Por Redacción
Jorge Guillén, coñecido como Strad, "o violinista rebelde", estará no Teatro Afundación de Pontevedra o vindeiro domingo, 23 de xaneiro co seu último espectáculo "Mundos Opuestos".
Tras gañarse á crítica e ao público dos teatros máis importantes de toda España, Strad quere emocionar aos pontevedreses con "unha homenaxe a quen máis sufriron na pandemia, os nosos maiores".
Este violinista, considerado un dos máis virtuosos do momento, presenta xunto á súa banda este novo espectáculo, que fusiona temas propios con clásicos do rock, flamenco, pop ou música clásica.
Durante numerosos anos Jorge Guillén compartiu escenario coa violinista Ara Malikian, realizando máis de mil actuacións xunto a el.
Jorge Guillén, Strad nos escenarios, realiza o seu primeiro concerto con tan só 4 anos, e a súa primeira gravación e concerto como solista con 9 anos xunto á orquestra Jorcam no Teatro Monumental de Madrid. Unha precocidade de autentico xenio que hoxe en día demostra en cada concerto.
Jorge é titulado superior en violín polo Real Conservatorio Superior de Música de Madrid. Recibe de man da Raíña Sofía o recoñecemento durante 4 anos polos seus estudos na Escola Superior de Música Raíña Sofía. Posteriormente, realiza un posgrao no Liceo de Barcelona. A partir de aí, Jorge Guillén álzase con numerosos recoñecementos en concursos nacionais e internacionais.
Realiza concertos en máis de 30 países e nos máis importantes festivais internacionais como o Festival Cervatino de México, Festival Iberoamericano de Bogotá, Festival de Internacional de Yokohama (Xapón), Festival de Arte de Shangai (China), entre outros.
Tras numerosos anos como violinista nas distintas producións da Orquestra Sinfónica de Madrid, o ano 2014 é convidado polo Teatro Real para ser o Director Artístico e Musical da produción “Pedro e o Lobo”.
Jorge realizou colaboracións con artistas e agrupacións nacionais e internacionais como Ara Malikian, Los Secretos, Rafael Amargo, Dorantes, Pastora Galván, Jorge Pardo, Plácido Domingo, Chojin, La Mari de Chambao, Iñaki Uoho de Extremoduro, e un longo etcétera.
Actualmente compaxina a súa xira "Mundos opuestos", co seu posto como violinista concertino " Maestríssimo" da compañía Yllana e o seu labor pedagóxico como co-director do centro de estudos musicais "La Caja de Música".
Relacionadas:
-
O "violinista rebelde" suspende a súa actuación en Pontevedra por covid-19
Por Redacción |
-
Moncho Borrajo estrea 2022 celebrando en Pontevedra os seus 50 anos sobre os escenarios
Por Alejandro Espiño |
-
A 'palabra' de Luis Piedrahita oirase o 21 de xaneiro en Pontevedra
Por Redacción |
-
A nova xira mundial de Ara Malikian fará unha parada en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Mayumaná inclúe a Pontevedra na xira do seu novo e 'eléctrico' espectáculo
Por Alejandro Espiño |