Pontevedra ri cos 'mojigatos' Gabino Diego e Cecilia Solaguren
Por Redacción & Cristina Saiz
Un matrimonio decide, tras 14 meses de seca sexual, alugar un teatro para contarlle os seus problemas ao público. Ese é o punto de partida da obra teatral 'Los mojigatos', representada este sábado no Auditorio Afundación de Pontevedra.
Sobre as táboas Gabino Diego e Cecilia Solaguren arrincaron as gargalladas do público pontevedrés coas súas aventuras.
"Moito humor, e ás veces tamén dor, para unha parella en busca do sexo perdido", prometía a reseña previa ao público asistente.
Rompendo a cuarta parede e interactuando cos espectadores, os actores propuxeron un xogo polémico e divertido para derrubar certos tabús desde un punto de vista cómico.
A montaxe teatral contaba coa dirección de Magüi Mira.