A Maika Makovski máis rockeira pecha o ciclo musical As Matinés no Pazo da Cultura
Por Redacción & Cristina Saiz
A compositora, instrumentista, cantante e presentadora española Maika Makovski pechou na mañá deste sábado, a ritmo de rock, o ciclo de música de As Matinés, que este ano cambiou o seu habitual emprazamento no Teatro Principal para mudarse ao Pazo da Cultura de Pontevedra por cuestións de aforo, pero mantivo idéntico éxito.
Makovski (Palma de Mallorca, 1983) chegou á súa actuación no Pazo da Cultura novo disco debaixo do brazo, MKMK, un álbum concibido para sorprender e axitar aos seus oíntes.
No seu directo pontevedés recuperou as súas raíces máis rockeiras e demostrou por que é desde hai anos unha das voces máis interesantes do panorama musical español.
O concerto de Makovski foi o segundo é último da quinta edición deste espectáculo matinal organizado polo Concello de Pontevedra, despois do xa realizado por Balthazar o 30 de outubro.
Relacionadas:
-
Maria Arnal i Marcel Bagès e Ugía Pedreira, apostas para a regreso das Matinés do Principal
Por Alejandro Espiño |
-
Reactivación cultural con cautela
Por Mónica Patxot & Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Os ritmos de Balthazar animan a volta de 'As Matinés'
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Pontevedra reabre as súas 'matinés' coa banda belga Balthazar
Por Alejandro Espiño |
-
Saen á venda as entradas para as vindeiras citas musicais no Pazo da Cultura
Por Oskar Viéitez |
-
Volven as Matinés con Balthazar e Maika Makovski, pero no Pazo da Cultura
Por Oskar Viéitez |