O xoves inauguran o rótulo co nome do edificio do Museo e a mostra 'Castelao en Europa. A viaxe de 1921'
Por Redacción
O xoves 2 de decembro celebrarase o acto institucional coa inauguración do rótulo que ofrecerá a imaxe da denominación do Edificio Castelao na fachada do inmoble museístico na rúa Pai Amoedo. Será ás 20.00 horas, con entrada libre ata completar o aforo.
A presidenta Carmela Silva, o vicepresidente César Mosquera e o director do Museo, Xosé Manuel Rey, realizarán os discursos institucionais, con acompañamento musical.
Aproveitando este acto, tamén se inaugura a exposición que realiza un percorrido sobre parte da traxectoria do autor de Rianxo. A mostra leva por título 'Castelao en Europa. A viaxe de 1921'.
Ángeles Tilve, comisaria da mostra, realizará unha visita guiada explicando os elementos máis importantes da conmemoración do centenario da viaxe que Castelao realizou por Europa e que recollía nun diario.
A mostra permanecerá aberta ata o 23 de xaneiro. Conta cunha estrutura en tres bloques e ademais ofrécese a posibilidade de ver o orixinal do manuscrito e as reproducións dos 131 debuxos, fotografías, recortes, impresos e tarxetas postais que o artista introducía no texto. Aparecen tamén fotografías de obras de diversos autores e un centenar de debuxos, apuntamentos e estudos que o autor de 'Cousas' realizou nesta etapa.
Trátase dun período no que Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, grazas á pensión da Junta para Ampliación de Estudos e Investigaciones Científicas, realizaba unha viaxe a Francia, Bélxica e Alemaña. Durante este tempo recibiu a influencia das correntes vangardistas europeas, que despois exercerían un importante papel na súa teoría e práctica artística e litetaria.
O diario tiña un carácter ínimo e do seu contido só se publicaron algúns fragmentos reelaborados e matizados de reflexións sobre a arte europea, que foron recollidos na revista Nós.
Relacionadas:
-
Un obradoiro reinterpretará de maneira tipográfica o 'Diario de 1921' de Castelao
Por Redacción |
-
Visitas guiadas pola exposición ‘Castelao en Europa. A viaxe de 1921’, a partir do 8 de xaneiro
Por Redacción |
-
O Museo xa presume de Castelao co seu nome na fachada
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Presentan unha edición especial do Álbum Nós de Castelao con motivo do aniversario da súa compra polo Museo
Por Redacción |
-
O Museo 'presume' de edificios nos seus novos folletos informativos
Por Redacción |
-
'Galicia, de Nós a nós' recala no Museo "porque non se entende a Xeración Nós sen esta cidade"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
“Perder o Álbum Nós agora mesmo sería completamente impensable e unha perda irreparable para o Museo”
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Castelao dará nome ao Sexto Edificio do Museo de Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
A familia Lino vende o Album Nós ao Museo por 650.000 euros: "lo importante era ponerlo a disposición de los pontevedreses"
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |