Culturgal bota man do teatro e da literatura para defender o galego ante o adverso
Demostrando que a lingua galega é capaz de resistir calquera adverso iniciou este domingo a segunda e última xornada da feira Culturgal en Pontevedra. Fíxoo, sobre todo, co espectáculo teatral que ofreceu a compañía Talía Teatro.
No salón de actos representou a obra "A parábola do angazo", que conta a historia dun mozo que, tras regresar a Galicia tras uns meses emigrado, dáse conta que esqueceu do galego, a lingua que falara toda a súa vida.
Este non foi a única sesión teatral da que puido gozar este domingo o público do Culturgal, xa que no auditorio programouse, iso si para a audiencia infantil, a obra "A nova historia da cigarra e a formiga", de Teatro del Andamio.
O espazo musical, pola súa banda, ocupouno Caspervek, o trío formado por Brais González, Andrea González e Blas Castañer, que ofreceu música para o cinema de Buster Keaton.
Na sesión matinal de novo o sector editorial protagonizou gran parte da programación, con numerosas presentacións de libros nos diferentes espazos da feira.
Así, debutaron "Reboiras. O camiño da rebeldía", de Xosé Manuel Pereiro e Xurxo Martínez; "A lingua en 2050" e "Comando igualdade" da editora Catro Ventos ou dúas obras da editorial Antela, "O xigante de Allariz" e "O país de choiva" cos seus respectivos autores.
Un espectáculo de maxia para nenos, a cargo de Sara Rodríguez e Carlos Tomico; a exhibición da novela audiovisual "Ti primeiro" de Roberto Alvite ou a presentación do programa de residencias artísticas do Gaiás completaron a oferta de actividades.
Relacionadas:
-
Aberto o prazo para reservar casetas para a Culturgal 2022
Por Redacción |
-
Reactivación cultural con cautela
Por Mónica Patxot & Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
A revolución musical das Tanxugueiras, broche de ouro para o Culturgal do reencontro
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
Grandes nomes da literatura galega animan o sábado do Culturgal
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
Un pequeno adianto do 2022 cultural centra o arranque da feira Culturgal
Por Alejandro Espiño |
-
Culturgal abre as súas portas como "punto de confluencia" dunha cultura galega en pleno "rexurdir"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |