Niños Mutantes volven ás salas cun concerto en Karma
Por Alejandro Espiño
"Después de todo lo que ha pasado", segundo Juan Alberto Martínez, vocalista de Niños Mutantes, a banda granadina regresou ás salas de concertos. Foi en Pontevedra, en Karma, onde recoñeceron sentirse "como en familia".
A súa actuación, dentro do programa municipal de Cabos Soltos, levou a un centenar de persoas a gozar da música dun dos grupos de referencia da escena ' indie' aos que, segundo o seu cantante, gústalles actuar en salas "en donde suena la música de verdad".
Con Florecer e Palabras para julio comezou un concerto acústico no que o líder da banda estivo acompañado dos seus habituais Andrés López (guitarra), Nani Castañeda (batería) e Miguel Haro (baixo) para repasar os seus grandes éxitos.
En Sala Karma soaron, entre outras, Hermana mía, Menú del día ou Un tiro en el pie antes de que, ante os berros do público, Juan Alberto apuntase que a banda leva a Galicia e, en particular a Ponte Caldelas, "en el corazón" porque aquí "vivimos momentos muy bonicos".
E é que en Pontevedra "hubo muy buenas noches", asegurou o cantante de Niños Mutantes que, antes dos bises, interpretaron Una noche, El miedo, Noches de insomnio, Camino perdido, Te favorece tanto estar callada ou No puedo más contigo.
A apoteose final chegou con todo un himno da banda granadina, Errante, antes de que o concerto puxese o seu broche de ouro con Todo va a cambiar e La voz, os dous temas cos que se despediron cun "hasta pronto". Por diante, un concerto este sábado na Coruña.
Relacionadas:
-
'Música nos bares' devolve os concertos en directo ao centro histórico
Por Alejandro Espiño |
-
Cabos Soltos suma medio cento de actividades desde a súa reactivación en novembro
Por Redacción |
-
Luis Alberto Segura, líder de L.A.: "Aprendín a crer en min, en facer o que me pide o corpo"
Por Alejandro Espiño |
-
Un concerto de Niños Mutantes abre unha nova etapa de expansión de ‘Cabos Soltos’
Por Natalia Puga |