Carmelo Gómez reivindica no Pazo o universo musical e poético de Federico García Lorca
Por Cristina Saiz & Redacción
O Auditorio do Pazo da Cultura acollía este sábado unha nova función do ciclo Ponteatro. O coñecido actor leonés Carmelo Gómez presentaba a montaxe 'A vueltas con Lorca', unha festa poética na que o intérprete ofrecía versos e fragmentos da vida do poeta granadino, acompañado ao piano no escenario por Mikhail Studyonov.
Esta montaxe, dirixido por Emi Ekai, mostra elementos sobre a soidade, a alegría, o amor e a morte desde a perspectiva de Federico García Lorca, combinando a súa vida e a literatura, con referencias a outros autores como Antonio Machado, Lope de Vega ou Pablo Neruda.
O vindeiro sábado 20 de novembro, o Pazo da Cultura volverá acoller outra función de Ponteatro. Nesta ocasión será a montaxe 'O charco de Ulises', dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso para o Centro Dramático Galego. Trátase dunha versión libre da Odisea de Homero, trasladando a trama de Itaca a Galicia co Atlántico como principal protagonista.
As entradas xa se poden adquirir en Ataquilla.