Un singular concerto para bebés pecha a cuarta edición de 'Concertos en familia'
Por Redacción
O Pazo da Cultura acolle este domingo 27 de outubro, o último dos Concertos en familia, un proxecto que chega este ano á súa cuarta edición con contos e historias, non sempre para nenos pero si adaptadas a eles, que cobran vida para facer gozar ao complicado público infantil. Neste caso será un concerto para bebés de Paulo Lameiro. Ao ter aforo limitado, terá dúas sesión matinais ás 11:00 e ás 12:00 horas, ademais da vespertina ás 18.30 horas.
Este concerto para bebés é unha experiencia inigualable conducida polo músico portugués Paulo Lameiro na que os bebés ábrense por primeira vez á música nun ambiente moi especial, entre almofadas de cores, sons novos e chamativos para eles, acompañados da animación que invita á permanente participación e interactuación entre país e bebés.
Trátase dun coidado espectáculo polo que recibíu recentemente en Alemaña o premio YEAH (YOUNG EARopean Award) na categoría de innovación.
As entradas estarán á venda en www.servinova.com e no teléfono 902 504 500, así como na billeteira do Pazo da Cultura dúas horas antes do inicio do espectáculo no caso de non esgotarse. Cada bebé, ata un máximo de 70, poderá ir acompañado de ata tres persoas maiores de cinco anos. A entrada para o bebé custará catro euros e para cada un dos seus acompañantes, oito.