Amancio Prada, en Pontevedra: "Pontevedra é boa vila. Dá de cantar a quen pasa"
Por Redacción & Mónica Patxot
Parafraseando esta coñecida expresión sobre Pontevedra, Amancio Prada arrancou onte á noite o seu concerto en Pontevedra. Foi no auditorio de Afundación, onde o público gozou da música do artista e compositor leonés.
"Pontevedra é boa vila. Dá de cantar a quen pasa", destacou Prada nada máis iniciar a súa actuación, na que homenaxeou á gran dama da poesía galega, Rosalía de Castro.
En 'Camiño do meu contento', o cantautor puxo música a algúns dos poemas máis coñecidos da autora galega, como fixo desde a edición do seu primeiro álbum, Vida e Morte, que levou a obra de Rosalía a todo o mundo.
Sobre o escenario Amancio Prada repasou toda a súa discografía en galego, composta de ata dez discos editados ao longo do últimos corenta anos.