Un recital poético en Pontevedra para celebrar a diversidade
Por Redacción
O Teatro Principal de Pontevedra acollerá o próximo venres 15 de outubro un recital poético co que a Universidade de Vigo pechará a súa programación dedicada á diversidade.
O recital, que leva como título In-Amor-Es, será ás 20:00 horas.
Nel participarán os poetas Jesús Castro Yáñez, Andrea Nunes Brións e María Rosendo Priego. A música correrá a cargo de Lois Búa.
A entrada é libre e de balde ata completar a capacidade da sala.
Esta actividade forma parte do EventoIN (Internacional, Inclusiva, Investigadora), unha iniciativa da universidade que ten o obxectivo de, a través de relatorios, obradoiros e poesía, sensibilizar e celebrar a diversidade da comunidade LGTBIAQ+.