Os máis pequenos gozan da ópera no Pazo da Cultura
Por Redacción
Catrocentros escolares de Pontevedra e parroquias gozaron este luns dun luxo de espectáculo que combina a posta en escena por parte dun pianista, un barítono e unha soprano de Butterfly Ensemble co acompañamento da Orquestra Filarmónica Cidade de Pontevedra, a única ópera infantil en galego I´l cirque d´amore.
O espectáculo, que contou excepcionalmente na nosa cidade con acompañamento musical ao vivo da man da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, estreouse o domingo cunha representación para público familiar á que asistiron máis de 500 persoas.
Pequenos e maiores gozaron desta ópera que incluíu no seu repertorio pezas de W.A. Mozart, G.Rossini, G.Puccini, etc. escollidas para non deixar indiferente a ningún dos asistentes que ademáis da boa música e as excepcionais voces, riron coa posta en escea.
Destinada ao público infantil e familiar, forma parte do ciclo Concertos en Familia que remata este domingo co Concerto para bebés de Paulo Lameiro. Entradas á venda en servinova en pack de 1 bebé + 1 adulto a un prezo de 12 euros (más gastos de tramitación).