A noite na que Xoel López 'resucitou' a Deluxe
Ya se acabó la fiesta.
Y nadie quiere marcharse.
Nadie quiere que se acabe.
Pero ha terminado el sueño.
Esta estrofa de "Colillas en el suelo", un dos temas máis emblemáticos de Deluxe, resume á perfección o sentimento que planeou onte á noite sobre PortAmérica. Para moitos, un soño. Volveron os bailes (con máscara, iso si) a un festival que, con certas limitacións, ofreceu un ambiente case prepandémico. Un soño ao que lle custou arrincar, pero que acabou ao grande.
Ata a choiva que, de forma máis ou menos intensa, caeu durante toda a noite respectou o prato forte do festival: o reencontro, trece anos despois, de Xoel López coa súa antiga banda.
Con Juan de Dios (guitarra), Iván González 'Chapo' (baixo), Charli Bautista (teclados), Roberto Lozano (batería), Álvaro Pacheco (trompeta) e Tuli (saxofón), Deluxe demostrou que, a pesar do paso dos anos, segue sendo unha maquinaria perfectamente engraxada.
"Estamos muy nerviosos porque han pasado trece años", afirmaba o artista galego ao comezar o concerto, "muy agradecido" porque o festival lle dese a oportunidade de cruzarse de novo con aqueles que o viron crecer como artista. Se non fóra así, "no estaríamos aquí".
Para entón, xa as miles de persoas repartidas entre os sectores nos que, para cumprir o protocolo anticovid, se dividiu o recinto, xa se entregaron por completo ao show, coreando todas e cada unha das cancións que a banda ía interpretando.
Tras "Simone", coa que Deluxe abriu este emotivo reencontro, no escenario da Azucreira de Portas soaron outros grandes éxitos como "Tendremos que esperar" ou "Reconstrucción", canción esta última que foi o 'xerme' para esta reunión da banda.
Durante o confinamento, explicou Xoel López, "hicimos una propuesta para sentir lo que transmitía esta canción", gravando cada un dos integrantes do grupo o seu parte na súa casa.
Y aceptar que no todo es tan fácil.
Y que no siempre los huesos
aguantan el peso.
Reconstrucción.
Esta reconstrución que, dalgunha maneira, era a do propio festival tras ano e medio de pandemia, planeou sobre todo o concerto, no que non faltaron temas como "A un metro de distancia", "Rostro de actriz", "Ver en la oscuridad", "Los días fríos" ou "El cielo de Madrid"..
Pero foi, sen dúbida, na recta final cando o delirio apoderouse do público. Cun Xoel emocionado porque tanta xente "quisiera venir a darnos calor", el e os seus entregáronse ao máximo para rememorar "El amor valiente", "Adiós corazón" o "Réquiem".
Con "Historia universal" e "Que no", convertidas en auténticos himnos xeracionais, Deluxe colgou de novo os instrumentos. Só o tempo dirá se por última vez. O que ninguén poderá arrebatar ao público de PortAmérica vivir un momento tan máxico.
Esta primeira xornada de PortAmérica arrancou, con pouco público nese momento, cos concertos de Eladio y los seres queridos e os mexicanos Jenny and the Mexicats, que fixeron todo o posible por animar aos espectadores baixo a choiva.
Le Punk, que tamén volvían xuntarse tras nove anos inactivos, Novddades Carminha e a 'verbena moderna' de Ortiga puxeron o broche de ouro a unha noite na que o público abrazou a festa ata as súas últimas consecuencias, conscientes de que probablemente non habería máis.
E así foi. Tal e como moitos sospeitaban, PortAmérica viuse obrigado a suspender os concertos previstos para o sábado, entre eles, a esperada actuación de Vetusta Morla, que ía compartir escenario con Xoel López, Carlos Sadness, Pablo Lesuit e Furious Monkey House.
A alerta amarela por temporal obrigounos a gardar os zapatos de baile ata o próximo ano. Comezou xa a conta atrás para o PortAmérica 2022. Alí estaremos.
Relacionadas:
-
Reactivación cultural con cautela
Por Mónica Patxot & Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Lori Meyers, Coque Malla, Delaporte ou Andrés Suárez nun PortAmérica 2022 que se adianta a xuño
Por Alejandro Espiño |
-
PortAmérica: Origen e Son Rías Baixas, finalistas ao mellor festival nos Iberian Festival Awards
Por Alejandro Espiño |
-
Vetusta Morla inclúe un concerto en Portas na xira do seu novo disco, Cable a Tierra
Por Alejandro Espiño |
-
A alerta amarela obriga a cancelar a xornada deste sábado no Festival PortAmérica Origen
Por Redacción |
-
Público de pé e oito 'sectores burbulla': Así será o PortAmérica da (case) normalidade
Por Alejandro Espiño |
-
PortAmérica volve á súa "orixe" con Vetusta Morla e o 'reencontro' de Xoel López con Deluxe
Por Alejandro Espiño |