A webserie 'Clases de lo social', rodada en Pontevedra, xa está na rede
Por Redacción
Clases de lo social. La webserie xa se pode ver a través de Internet. Polo momento, pódese ver o primeiro capítulo que conta cunha repartición encabezada por Santi Romay, protagonista de toda a serie, e o actor de Vilagarcía, Carlos Blanco.
A webserie dirixida por Pablo Cacheda conta con cinco capítulos de oito minutos cada un nos que o argumento se centra en ofrecer consellos prácticos sobre a vida que van dende o trato que se debe manter con descoñecidos ata como ligar nun bar de copas.
A gravación das escenas realizouse en distintos lugares de Pontevedra co instituto Sánchez Cantón como escenario principal dos episodios.
O resto de capítulos iranse colgando progresivamente na web e neles participan outros actores como Sabela Arán, Monti Castiñeiras, Xúlio Abonjo, Avelino González ou Bernardo Fernández. Varios deles asistiron á presentación no IES Sánchez Cantón na que interveu o grupo Monoulious Dop, creador do tema principal da serie. Durante a presentación proxectáronse os dous primeiros episodios da serie.
Esta webserie nace a raiz da curtametraxe Unhas clases do social a tempo, protagonizado tamén por Santi Romay e Carlos Blanco.