Gonzalo Arca súmase ao 'crowfunding' para financiar o seu primeiro EP "Alone At The Crossroad"
Por Alejandro Espiño
Cada vez máis o 'crowfunding', unha forma de recadar fondos na Internet para financiar todo tipo de proxectos, converteuse na táboa de salvación para multitude de iniciativas culturais que, coa crise, víronse ameazadas. Ou para que un artista emerxente poida gravar un disco. ÿ o que se propuxo Gonzalo Arca. O músico arousán pretende financiar deste xeito a edición do seu primeiro EP en solitario.
Vai por bo camiño, pero necesita aínda un pequeno empujón. A día de hoxe ha recaudado xa 3.465 euros dos 4.000 nos que presupostou a grabación deste traballo discográfico. Chamarase Alone At The Crossroad, un EP composto por seis cancións orixinais que, se reúne os fondos necesarios, gravarase a finais do próximo mes de novembro nos estudos Planta Sónica (Vigo) e Nakra (A Coruña).
Trátase dun traballo discográfico no que contará coa colaboración de Antonio Casado "El Abuelo" e José A. Vilas (guitarrista e teclista de The Cornelius), José "Niño" Bruno (baterista de Andrés Calamaro, ou Fito y los Fitipaldis), David Outumuro (baterista de Eladio y Los Seres Queridos) e Iago Lorenzo (guitarrista e baixista que colaborou en xiras con Holywater, Voltaica ou Dismal, entre outros).
A produción deste EP correrá a cargo do propio Iago Lorenzo que, malia a súa mocidade, xa levou a cabo estas tarefas con moito éxito en discos de grupos como The Cornelius, Disco Las Palmeras ou Igloo); mentres que da masterización encargarase o reputado Fred Kevorkian (Iggy Pop, The National) nos Avatar Studios de Nova York.
Unha das cancións incluídas neste EP é I'm stronger, que Gonzalo Arca, interpreta habitualmente nos seus concertos.
A cambio de colaborar co financiamento, Gonzalo Arca ofrece unha serie de contraprestacións a cambio, en función da achega realizada, que pode oscilar entre os cinco euros (a cantidade mínima), que permite descargarse dixitalmente o EP; e os 1.000 euros (o máximo), que conleva tres concertos acústicos privados, 40 copias do EP, 10 camisetas e aparecer como productor executivo nos créditos do disco.
TRAXECTORIA DE GONZALO ARCA
Gonzalo Arca (Vilagarcía de Arousa, 1983) comezou a súa carreira no ano 2000 como vocalista da banda Vado Permanente, coa que gravou o álbum Debo más de lo que puedo. Tras unha errada fichaxe por unha multinacional, en 2005 o grupo sepárase. O ano seguinte aparece xunto ao guitarrista de Vado Permanente, Pablo Pérez, nun novo proxecto The Preachers Of Rock & Roll. Esta vez o formato é acústico e combinan temas propios con grandes clásicos do rock e o blues.
En 2010 entrou a formar parte da veterana banda de rock galega Sugar Mountain, para ocupar o posto de vocalista trala marcha de Javier Ruano. Afronta agora a súa carreira en solitario. No seu repertorio conviven temas propios e versións de artistas da talla de Bob Dylan, The Beatles, Chris Robinson ou The Rolling Stones, unha oferta que agora tratará de ampliar coa edición deste EP con seis cancións orixinais.
En marzo de 2013 proclamouse gañador do Fest 2013, o concurso de bandas emerxentes organizado polo Local de Música de Pontevedra, ao recibir o apoio maioritario do público.
Relacionadas:
-
Gonzalo Arca presenta o 7 de febreiro en Pontevedra "Alone At The Crossroads", o seu primeiro disco
Por Alejandro Espiño |
-
O vilagarcián Gonzalo Arca, único galego entre os finalistas do concurso Budweiser Emerge
Por Redacción |
-
Thee Blind Crows e Gonzalo Arca, triunfadores dun Fest 2013 que superou todas as expectativas
Por Alejandro Espiño |