Alicia Saiz Abelleira ten dezanove anos e este setembro por segundo ano consecutivo volverá a Salzburgo para continuar os seus estudos superiores na Mozarteum University. Se graduó no Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga de Pontevedra. É violagambista, un instrumento barroco que para os musicalmente profanos é un gran descoñecido e profesionalmente pouco habitual na súa práctica.
Alí na cidade austríaca ten como profesor a Vittorio Ghielmi, músico e compositor que está considerado unha referencia mundial. Lembra en 'Ponte en el mapa' como foi a súa incursión en Austria, nun momento ademais de pandemia. Unha cidade, con bo número de universidades que propicia que haxa moita poboación estudantil de múltiples procedencias.
Unha vez que conclúa a súa formación, que estima serían tres ou catro anos máis, pensa no seu futuro profesional como integrante dunha orquestra e poder ofrecer concertos. A súa vantaxe é que fronte aos profesionais de Clásica, os de Barroca son menos en número e menos aínda violagambistas.
Alicia pon nome as súas violas de gamba. A actual, 'Fiona' - coa que visita PontevedraViva Radio -, vai deixar de viaxar por Europa, algo que non está exento de dificultades. 'Vitorina', a próxima, espéralle en Bratislava, Eslovaquia, onde lle están a realizar algúns arranxos tras haberlla comprado a outro luthier alemán.