Monicreques de Paporrubio nos Xardíns de Ravella, primeira actuación da nova tempada teatral
Por Redacción
A tempada teatral de outono adiántase unhas semanas e comezará en Vilagarcía de Arousa xa este sábado 14 de agosto, nos Xardíns de Ravella coa actuación de monicreques 'Varietés do animalario', a cargo da compañía Paporrubio.
Este espectáculo inclúese na programación das Festas de San Roque, dentro do convenio entre o Concello e Agadic. Será ao aire libre, a partir das 12.30 horas, con entrada gratuíta ata completar a capacidade do recinto.
Esta obra destinada a público familiar conta a historia dunha raposa e un lobo que se enfrontan pola propiedade dunha pereira nunha trama humorística, que ofrecerá diversión aos asistentes durante 50 minutos.
As tres seguintes actuacións que se contemplan na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios desenvólvense no Auditorio Municipal e con entrada de pago, ao prezo de 5 euros, que se rebaixa a 3 no caso de colectivos de persoas maiores, desempregadas e posuidores do Carné Xove.
A programación retomará a actividade o 25 de setembro con 'O Premio' da compañía La Quintana; Elefante Elegante representará 'Dreaming Juliete' na xornada do sábado 2 de outubro, mentres que Ibuprofeno Teatro ofrecerá o seu exitoso espectáculo 'O mel non caduca' durante o sábado 6 de novembro.
Relacionadas:
-
García Comesaña advirte do perigo de contaxios ante a chegada dunha fin de semana de festas populares
Por Anxo Lourido |
-
Festaclown 2021 presenta a súa programación en Vilagarcía
Por Redacción |
-
O control dos botellóns será a prioridade para garantir a seguridade nas festas de San Roque
Por Redacción |