O Festival Armadiña Rock regresa a súa orixe cun formato máis local
Por Redacción
A Asociación Armadiña avanza nas primeiras confirmacións dun cartel con carácter local, fundamentalmente co obxectivo de ir recuperando a normalidade dos encontros culturais e musicais na vila.
Nesta volta, baixo o lema #MoitoPorSachar, convida, a través do seu deseño, a divulgar a orixe dos oficios tradicionais vinculados ao binomio Mar e Terra que representa a Combarro.
Así, o 20 e 21 de agosto desenvolveranse un total de catro concertos, un obradoiro e unha actuación para público miúdo e diversos pasarrúas.
O venres 20 pasarán polo festival Monoulious DOP (en formato acústico), The Tetas'Van e a Banda do Patio e o sábado 21 pecharan esta edición Dakidarria (Formato íntimo), Cuarta Xusta, Mekanika Rolling Band e as Pandeireteiras do Ronsel.
No espazo para a cativada o festival programará para o venres un obradoiro de debuxo e música tradicional, que impartirán Laura Romero e Juan Álvarez (previa reserva en armadinha.rock@armadinha.gal) e para o sábado, o concerto Cores, contos e Rock'N'Roll con Ramona Órbita.
Esta edición do Festival Armadiña Rock, que conta co apoio do Concello de Poio, habilitará unha plataforma de reserva de entradas debido ás esixencias da nova realidade. Poderanse reservar as cadeiras a partir do venres 6 a través da plataforma Woutick!.
Relacionadas:
-
A segunda quincena de agosto trae a Festa do Mar ás parroquias de Combarro e Raxó
Por Redacción |
-
Poio apraza actividades do programa cultural de verán
Por Redacción |
-
Semana do Museo de Combarro organizada polo colectivo Armadiña
Por Redacción |
-
O Armadiña Rock volve a Combarro o 20 e o 21 de agosto cunha edición centrada en bandas galegas
Por Redacción |