O Museo abre un novo ciclo de audicións de música clásica comentadas
Por Redacción
O Museo de Pontevedra desenvolverá durante oito xornadas a IV edición das audicións de música clásica comentadas, dirixidas e presentadas por Manuel López Benito. A presente edición consta dun ciclo dedicado ás formas musicais na música clásica e outro na ópera ao que poderán asistir os interesados de forma gratuíta no Sexto Edificio.
En canto ao curso de apreciación musical 'As formas musicais na música clásica', desenvolverase en horario de 11.30 a 13.30 horas os días 19 e 26 de outubro e os 9 e 16 de novembro.
O obxectivo é achegar aos asistentes ao coñecemento das diversas formas musicais que nos atopamos ao longo da historia da música clásica, dende as características das sonatas a poemas sinfónicos.
O II ciclo de introdución á ópera 'ÿperas comentadas' terá lugar durante os días 22 e 29 de novembro e 13 e 20 de decembro, entre as 19.30 e as 21.30 horas. Consiste nun ciclo de introdución á ópera co fin de realizar unha viaxe de iniciación a través da súa historia, profundizando no seu significado.
Analizaranse El Barbero de Sevilla, Carmen, Don Giovanni e Rigoletto, facendo fincapé en aspectos como punto de vista da dirección orquestral, as voces, a escenografía, atrezzo, vestiario ou iluminación que o converten nun espectáculo único.