Carlos Núñez actuará o 1 de agosto na Finca de Briz
Por Redacción
O gaiteiro galego Carlos Núñez regresará a Marín. Actuará o próximo 1 de agosto na Finca de Briz, segundo anunciou este mércores o Concello de Marín.
Este concerto forma parte da xira conmemorativa do 25 aniversario de A irmandade das estrelas, o seu primeiro disco, que marcou todo un fito na música galega.
O encontro con artistas novos foi unha das vías que escolleu o gaiteiro para celebrar este aniversario, gravando novos temas para incluír na reedición deste traballo discográfico.
As entradas para este evento ao aire libre están á venda xa a través de Ataquilla.com cun custe de 20 euros, máis gastos de xestión.