A 'voz de muller' de Tanxugueiras, Amparanoia, Uxía, Chévere e A Panadaría resoará en Pontevedra
Por Redacción
Tres concertos e dúas actuacións teatrais formarán parte da nova edición do ciclo Con Voz de Muller, que se desenvolverá na Ferrería entre os días 14 de 18 de xullo. É un dos programas incluídos nas Festas de Verán de Pontevedra.
Visibilizar a figura da muller nas artes escénica e na música é o obxectivo deste ciclo, que abrirá a compañía teatral Chévere co espectáculo As fillas bravas e o mito de Casandra. Será este mércores 14 de xullo, a partir das 22:00 horas.
Nela, tres mulleres maiores tratan de entender o cambio climático e facerlle fronte aplicando os saberes e a experiencia dunha vida longa no rural.
O xoves 15 a compañía A Panadaría representará Elisa e Marcela, un espectáculo sobre a historia real do primeiro matrimonio entre dous mulleres que se rexistrou en Galicia.
A partir do venres, será a quenda da música, coa banda galega Tanxugueiras. Amparanoia (sábado 17) e Uxía (domingo 18) porán o broche de ouro a este ciclo.
Todas as sesións, ao igual que todas as actividades da Festas de Verán, terán lugar na área aforada da praza e na que é de obrigado cumprimento as normas de seguridade vixentes pola actual situación sanitaria.
Relacionadas:
-
O Paseo dos Gafos encherase de música clásica durante a vindeira semana
Por Redacción |
-
A 'Voz de muller' de Amparanoia pon o ritmo a un caloroso sábado na Ferrería
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
As fillas bravas contra o cambio climático
Por Cristina Saiz & Oskar Viéitez |
-
O rock tomará a Ferraría a vindeira semana
Por Redacción |
-
Catorce programas festivos para animar o verán en Pontevedra antes das Festas da Peregrina
Por Alejandro Espiño |