Tanxugueiras, Verto, Boyanka Kostova, Guadi Galego e Los Rastreadores dan lustre ao cartel do Revenidas
Por Redacción
O festival Revenidas, que se celebrará en Vilaxoán entre o 9 e o 12 de setembro xa ten pechado o seu cartel. Con concertos de pago e gratuítos, así como actividades complementarias por toda a vila, os organizadores deron este ano un acento maioritariamente galego ao festival que contará con voces como as de Tanxugueiras, Verto, Guadi Galego, Boyanka Kostova, Los Rastreadres, Talco Maskerade ou Ciudad Jara.
O festival comeza o día 9 de setembro cos concertos de Verto, Tanxugueiras e Os Rastreadores (Ortiga & GrandeAmore). Ao día seguinte están programados os concertos de pago dos Chikos do Maiz, Ciudad Jara e Laura Lamontage e Pico Amperio. Toman o relevo o día 11 no escenario de pago A Rabela, Talco Maskerade e Boyanka Kostova, mentres que ese mesmo día Guadi Galego e a Banda dá Loba actuarán nunha sesión vermú gratuíta.
O último día está prevista a actuación de Zoo, Mounqup e a banda Monoulious Dop. Mentres que lla sesión vermú encargaranse Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre.
As entradas para este festival poñeranse á venda nas próximas semanas. A organización está á espera de que se defina o protocolo sanitario definitivo, pero lembran que as persoas que teñan o bono da edición do 2020 e non o devolveran poderán asistir á edición do 2021 previo cambio polas entradas actuais.
Relacionadas:
-
Revenidas volve a Vilaxoán con actuacións en tres escenarios
Por Redacción |
-
O Festival Revenidas recupera os seus 'Concertos a bordo' con seis grupos musicais surcando a ría de Arousa
Por Redacción |
-
O festival Revenidas pon á venda as súas entradas
Por Redacción |
-
As Rías Baixas recuperan os seus festivais
Por Manu Otero |
-
O festival Revenidas celebrarase do 9 ao 12 de setembro en Vilaxoán
Por Redacción |