David Pintos presenta a súa última novela 'Mago negro' na Festa dos Libros de Pontevedra
Por Redacción
David Pintos viaxa esta próxima fin de semana ata a súa cidade de orixe para participar na Festa dos Libros de Pontevedra, onde asinará exemplares das oito novelas publicadas ata o de agora. A última é 'Mago Negro. En el amor y en la guerra'. Trátase dunha space opera clásica que dá continuidade á triloxía precedida por 'Mago gris' que editou o pasado 2020 e que se completará con 'Mago blanco' en cuxa escritura está inmerso actualmente.
En 2014 editaba a primeira das triloxías, 'Taimat' á que seguiu en 2017 'Nos vemos en el paraíso', en 2018 'Polo norte' e 2019 'Polo sur' e creadas de tal forma que poden lerse no sentido que o lector prefira. Ademais de novelista, o seu último proxecto convérteo tamén en editor, coa creación de Subterránea Libros Magazine.
Ademais de prolífico escritor, o pontevedrés David Pintos é profesionalmente podcaster, coa creación desde hai unha década, de diversos contidos culturais a través de Subterránea. Un deles, Fila9 Podcast, dedicado a cinema e series, leva a súa rúbrica e é redifundido en PontevedraViva Radio.
Quen desexe coñecer ao autor, ou adquirir algún exemplar asinado por el, estará a partir das 18.00 horas do domingo na caseta da librería Escolma.
Relacionadas:
-
RADIO.- David Pintos trae á Festa dos Libros o 'Mago blanco' completando a súa terceira triloxía
Por Marisa Ciordia |
-
A Festa dos Libros pechará o pano este domingo despois de dous días cheos de cultura
Por Redacción |
-
Pontevedra presume do seu 'ADN literario' co regreso da Festa dos Libros
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
RADIO.- PontevedraViva Radio súmase a Fila9 Podcast no arranque da súa cuarta tempada
Por Redacción |
-
O escritor pontevedrés David Pintos presenta 'Polo Sur', a súa nova novela
Por Redacción |