O Día da Música soa a punk infantil en Pontevedra
Por Redacción & Mónica Patxot
Pontevedra celebrou este martes o Día da Música cun concerto de punk infantil ao aire libre. Foi coa actuación de Brais Gutiérrez e Isaac Rodríguez, que animaron a un público familiar no paseo de Montero Ríos.
O concerto, organizado pola Deputación de Pontevedra no marco da programación Aviventa Cultura, permitiu aos artistas ofrecer nove temas orixinais en galego, con temática infantil, pero co punto rebelde do punk.
Ademais, o espectáculo -que tamén incluía unha parte de clown- estivo moi vinculado coas inquedanzas dos propios nenos e nenas que asistiron a velo.