O grupo pontevedrés Peña, finalista do Concurso Narf de música na Coruña
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido
Este martes coñecíanse os nomes das cinco bandas finalistas do Concurso Fran Pérez 'Narf', que promove a Deputación da Coruña. Entre eles atópase o grupo pontevedrés Peña, que agora participarán na gala final prevista para o sábado 21 de novembro no Teatro Colón da cidade herculina, nun evento que será transmitido por streaming.
Os xornalistas Teresa Cuíñas, Carlos Crespo, María Yañéz, o crítico musical Pepe Cunha e o deputado de Cultura Xurxo Couto formaban o xurado, que destacaba a calidade e diversidade das agrupacións que actualmente constitúen o panorama musical en Galicia.
Peña é un trío formado por Toño Magariños, Elena Vázquez e Rubén Abad. En maio deste ano presentaban o seu primeiro álbum, que leva por título 'Carreiro' e, entre outras actuacións, interpretaron os seus últimos temas no Galegote Rock. Tamén contan coa publicación do EP 'Fórmula'. O xurado destacou a súa "valentía formal" ao ofrecer unha música que se caracteriza pola sinxeleza e a emotividade.
Ademais da agrupación pontevedresa, foron seleccionadas Tandub, Sleepy Spice, Elba e Secho para participar na fase final deste certame que lembra a figura do desaparecido autor galego Narf.
Relacionadas:
-
Berto, High Paw, Ruxe Ruxe e Eladio y los seres queridos, protagonistas dos concertos do Galegote Rock
Por Raquel Currás Martínez & Diana Eiras |
-
O trío pontevedrés Peña gaña o Premio Narf
Por Redacción |
-
RADIO.- Falamos de 'A realidade enganosa' que triunfou nos Premios da Música Independente
Por Marisa Ciordia |
-
Pontevedra, capital da música en galego co Galegote Rock
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
RADIO.- As "pequenas cousas" de Peña interprétanse no Galegote e están en 'A playlist'
Por Mónica Patxot & Marisa Ciordia |