Punk infantil en Montero Ríos para celebrar o Día da Música

Por Oskar Viéitez
Para celebrar o Día Europeo da Música, a Deputación de Pontevedra organizou o próximo 21 de xuño dous concertos na rúa, "para apoiar o sector e devolverlle todo o que nos deu", segundo indicou a presidenta provincial, Carmela Silva.
No marco da programación "Aviventa Cultura" anúnciase un concerto de "punk infantil" no exterior do Pazo provincial, na avenida de Montero Ríos, en Pontevedra. Será ás 18:00 horas. Mentres, a esa mesma hora, actuará The Mirror Music no exteror da sede da Deputación en Vigo.
Para asistir como público a estes concertos será necesario reservar con anterioridade en participa.cultura@depo.gal.
O concerto de Pontevedra está dirixido a toda a cidadanía pero "especialmente para a mocidade e a infancia" e o este espectáculo "o punk estará vencellado coas inquedanzas das cativas e dos cativos".
Peter Punk está considerado o mellor pallaso galego do momento, sendo un dos artistas con maior proxección do noso país. Isaac Rodríguez escóndese detrás de Peter Punk, un personaxe inventado que procede do país de Nunca Máis e que leva anos sorprendendo aos espectadores, tanto a adultos como nenos.
Comparte escenario con Brais das Hortas (Brais Gutiérrez) nun espectáculo de guión coidado e intelixente que vira ao redor dun músico e un artista de circo.
Carmela Silva explicou que estes concertos divulgaranse nas redes sociais coas etiquetas #BrincaCoaDepo e #ADepoCoaMúsica.
Relacionadas:
-
O Día da Música soa a punk infantil en Pontevedra
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Música refrescante nas Palmeiras para enfrontarse á calor
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Fuzz Faces, Skirl e Rodrigo Valiente abren o ciclo sonoro 'En clave local'
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Marín despacha o 80 % das entradas para a verbena do día 19 nunha mañá
Por Redacción |
-
A música 'en clave local' resoará nas Palmeiras as dúas próximas fins de semana
Por Redacción |
-
Second, Kings of the Beach e Mounqup porán o broche de oro ao Atlantic Fest
Por Alejandro Espiño |