Música refrescante nas Palmeiras para enfrontarse á calor
Por Cristina Saiz & Redacción
Grupos locais con integrantes de pouca idade e con sons novos, sorprendentes e refrescantes. Con esta premisa, as bandas Simpsonhead, Rancheras, Froalla, Haky e Faul subíronse durante a calorosa xornada deste sábado ao escenario instalado nas Palmeiras.
Estas actuacións intégranse dentro do ciclo 'En clave local' co que o Concello de Pontevedra quere dar visibilidade aos novos artistas que xorden na comarca e ofrecer a oportunidade de chegar a un público amplo con concertos ao aire libre nun espazo céntrico da cidade, gardando todas as medidas sanitarias para impedir contaxios.
Durante este sábado 12, a pesar das altas temperaturas, numerosas persoas achegáronse para comprobar estas novas propostas musicais. O vindeiro venres 18 continuarán as actuacións coas actuacións de Malecho, Liberad al Kraken e Denova. O sábado 19 finalizarán estas actuacións coa música de Las Gringas, Flip Corale e Dr. Excepto.