Fuzz Faces, Skirl e Rodrigo Valiente abren o ciclo sonoro 'En clave local'
Por Mónica Patxot & Redacción
Este venres 11 de altas temperaturas convertíase na xornada de arranque as Palmeiras o programa 'En clave local' cos primeiros concertos de agrupacións musicais emerxentes en Pontevedra.
Desta forma, Fuzz Faces, Skirl e Rodrigo Valiente subíanse ao escenario situado nesta contorna natural para interpretar as súas cancións ante a presenza de público moi novo.
Durante o sábado está previsto que continúe a música máis actual da man de Simpsonhead, Rancheiras, Froalla, Haku e Faul, cinco agrupacións que forman parte da terceira edición do proxecto municipal Xeración Sónica.
O vindeiro venres 18 e o sábado 19 actuarán Malecho, Liberade ao Kraken, Denova, Las Gringas, Flip Corale e Dr. Excepto.
Todas as actuacións englóbanse dentro da programación do verán 'O son da rúa', do Concello de Pontevedra, co obxectivo de promover as actuacións ao aire libre, adoptando todas as medidas sanitarias, con artistas da contorna pontevedresa que están a dar os seus primeiros pasos musicais.
Relacionadas:
-
Xeración Sónica crece involucrando aos centros de ensino secundario
Por Diego Espiño |
-
Punk infantil en Montero Ríos para celebrar o Día da Música
Por Oskar Viéitez |
-
Música refrescante nas Palmeiras para enfrontarse á calor
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
A música 'en clave local' resoará nas Palmeiras as dúas próximas fins de semana
Por Redacción |