Augal 2013, o Master Class do Audiovisual Galego, ábrese a distintos formatos de proxección
Por Redacción
A partir do 15 de outubro, a Facultade de Ciencias Sociais acollerá o inicio da terceira edición da Master Class Augal na que se recolle unha ampla mostra de traballos audiovisuais galegos.
Ao longo de sete xornadas que se desenvolverán durante o curso 2013-14 ata o mes de abril coa proxección de obras en distintos formatos audiovisuais, a principal novidade desta edición. Desta forma, os participantes poderán asistir a sesións de longametraxes, curtas, webseries, tvmovies e documentais. Nelas participarán 22 profesionais como Ángel de la Cruz, Xavier Bermúdez, Eloi Enciso ou Alejandro Marzoa.
As xornadas foron presentadas polo director de Agadic, Jacobo Sutil, a vicerrectora da Universidade de Vigo, Antonia Blanco, o decano de Ciencias Sociais, Juan Manuel Corbacho e os coordinadores do curso, Anna Amorós e Miguel Anxo Fernández.
O Augal tén como principais destinatarios os alumnos da Facultade de Ciencias Sociais pero as proxeccións estarán abertas a todo o público e nas anteriores edicións, indicou Anna Amorós, déronse cita numerosos docentes de centros educativos de Pontevedra. E Miguel Anxo Fernández destacou que nestes tempos de crise compróbase que o aduiovisual galego caracterízase "porque temos talento".
O martes 15 de outubro arrincará a Máster Class con La Mujer del Eternauta e continuará o 13 de novembro con Somos gente honrada e o 3 de decembro con Arraianos.
A inscripción en Augal pode facerse xa a través do envío do formulario da páxina web do Agadic. Os alumnos participantes recibirá un diploma, recoñecido cun crédito da Universidade de Vigo. A entrada ás proxeccións é libre.