Estudantes de Arquitectura fanse oco no Máster en arte contemporánea de Belas Artes
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Ata o 3 de novembro, o Sexto edificio do Museo de Pontevedra acolle a exposición 'Eso sigue su curso', unha mostra que recolle os traballos de 15 estudantes do Máster en Arte Contemporánea, creación e investigación 2013.
A deputada de Cultura, Ana Isabel Vázquez, e o decano da Facultade de Belas Artes, Juan Carlos Meana, presentaron esta mostra que o Conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez, inaugurou durante a tarde deste xoves.
O decano sinalou que varios dos alumnos realizaran previamente estudos de Arquitectura e así demóstrase nalgúns dos traballos que recolle esta exposicion como é o caso de María José Prada ou Diego Germade.
Pero entre os distintos artistas que presentan as súas obras nesta exposición encóntrase Eric Leffler, un mozo de Illinois coñecido na Facultade pontevedresa como El Americano, que ofrece traballos nos que relaciona o capitalismo e as crenzas relixiosas. Para Meana, sen dúbida, o traballo que lle resulta "máis delirante" é o de Iñaky Pérez, un artista que se formulou construír unha táboa de surf para a onda perfecta que atopou na Costa da Morte a través dun vídeo e da reconstrución do mar a través dun molde ofrece unha obra orixinal.
Outros artistas céntranse no retrato como sucede coas propostas de María Cristina Fernández e Eva López.