Exposición "Purificación García, Premio de Fotografía"
Por Redacción
A sala de exposicións temporais do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra acollerá desde o xoves, 4 de outubro, as oito da tarde, a mostra Purificación García, premio de fotografía, na que se exhiben as obras seleccionadas e premiadas na novena edición do certame.
Permanecerá aberta ata o 11 de novembro co seguiente horario: de martes a venres, de cinco a nove da tarde; os sábados, de once a dúas e de cinco a nove, e os domingos e festivos, de once a dúas da tarde.
O Xurado, composto por Marta Gili, Manuel BorjaVillel, Chema Madoz, Sergio Mah, Alberto Martín e un representante de Purificación García, realizou unha selección de dazasete entre as máis de novecientas obras presentadas por artistas residentes en España e Portugal.
Os premios recaíron nos seguientes artistas: o primer premio, dotado con 15.000 euros, en Regina de Miguel pola súa obra Un efecto de verdad; o segundo, de 12.000 euros, en Jaime de la Jara por Place One (Proyecto Anger Moments), e o terceiro, de 10.000 euros, en Zoé T. Vizcaino por Maelstrom Saltstraumen, 160711 IN18:1.
O fin de premiar aqueles traballos que chegaron o debate final, o xurado decidiu otorgar ademáis duas mencións especiais, sen dotación económica, a Carla Cabanas pola súa obra O que ficou do que foi, e a Daniel Blaufuks por O jardim de Eugène Delacroix, da serie Um mundo igual a este, mas ligeiramente diferente.