Música e poesía 'X Xela' para conmemorar o Día das Letras Galegas en Pontevedra
Por Redacción & Cristina Saiz
A capacidade dispoñible encheuse e mesmo houbo persoas que quedaron fóra do recinto. O espectáculo 'X Xela' co que o Concello de Pontevedra homenaxeou este luns o Día das Letras Galegas resultou un éxito de convocatoria e cativou a todos os que puideron gozalo na praza da Ferrería.
O espectáculo serviu para enxalzar a figura da poeta Xela Arias, homenaxeada deste ano na principal festa da cultura galega, e para dala a coñecer a golpe de música e poesía.
O escenario acolleu a actuación de Río Verdugo, Tibet 1990 e Nacho Mora, artistas elixidos como resultado dun certame musical no que participaron 15 bandas de estilos variados, desde composicións de autor a pop, rock, folk, Ska ou electrónica.
Presentada por Lupe Blanco e Alba María, a gala incluíu tamén recitais de poesía da obra de Xela Arias a cargo de cinco autoras da área de Pontevedra e un repaso pola vida e obra da homenaxeada.
Relacionadas:
-
Reactivación cultural con cautela
Por Mónica Patxot & Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
A Deputación recupera este xoves o espectáculo 'X Xela' para celebrar as Letras Galegas
Por Redacción |
-
A Ferrería acollerá o 17 de maio un espectáculo poético e musical para enxalzar a figura de Xela Arias
Por Manu Otero |