Vanesa Martín súmase ao ciclo 'Os sons do mar' e actuará o 16 de xullo en Sanxenxo
Por Alejandro Espiño
Un novo concerto súmase á programación musical que este verán ofrecerá en Sanxenxo o ciclo 'Os sons do mar'. Será o de Vanesa Martín, unha das grandes voces da música española, que actuará na Praza do Mar o venres 16 de xullo, ás 22:30 horas.
Así o confirmaron os organizadores deste ciclo, cuxas entradas están á venda a través da plataforma Enterticket. En concreto, o concerto de Vanesa Martín custará 30 euros.
En Sanxenxo, a artista malagueña presentará o seu novo traballo discográfico, un disco titulado 7 veces sí, e interpretará os grandes éxitos da súa carreira musical.
Este concerto súmase aos outros dous xa confirmados para este mesmo ciclo: Sebastián Yatra (10 de xullo) e Ana Mena + Omar Montes (11 de xullo).