Gharbo!. Unha fusión de música e danza experimental e tradicional
Por Redacción
O centro coreográfico galego (CCG) coproduce na presente tempada escénica 2012 o espectáculo titulado "Gharbo!" xunto á compañía de música e danza CONTRA2 que representa Nelson Quinteiro.
Gharbo! propón fundamentalmente unha fusión entre a música e a danza tradicional e novas formas musicais e de movemento máis experimentais, con un elenco no que destacan profesionais da música tradicional da altura de Suso Vaamonde, Xosé Lois Romero, Ricardo Rozas e Nelson Quinteiro, así coma bailaríns da traxectoria de Pastor Rodríguez Feal e Iván Villar.
Para a consideración deste proxecto, o centro coreográfico galego valorou especialmente a súa calide e interese artístico, a traxectoria profesional e solvencia da compañía e dos artistas, e a achega ao desenvolvemento e á renovación das artes escénicas en Galicia.
O proxecto supón o reto de levar adiante un montaxe destas características sen máis apoio institucional que o asesoramento técnico e artístico, así como a cesión de músicos, técnicos e xastras da propia axencia. Unha nova formar de entender o sector cultural e a súa relación coas administracións públicas.