Preto de 1.400 visitas ao Museo durante a Semana Santa
Por Redacción
As Ruínas de San Domingos, ademais dos edificios Castelao e Sarmiento, espazos do Museo de Pontevedra, recibiron desde o domingo 28 de marzo ata o 4 de abril a ao redor de 1.400 visitantes, aproveitando as vacacións de Semana Santa.
Durante eses días aceptábanse visitas con limitación do número de persoas e adoptando todas as medidas de seguridade relacionadas coa pandemia. O vicepresidente da Deputación César Mosquera considera que o resultado foi un "éxito". Ademais entende que o Museo conta cunha gran potencialidade e que, desde a institución provincial, se quere traballar na proxección das obras que contén.
A maioría das persoas que, durante estes sete días, achegáronse ás instalacións do Museo eran das diferentes provincias galegas pero tamén se rexistraron visitantes procedentes de Australia, Austria, Reino Unido, Estados Unidos, México, Polonia, Porto Rico, Bosnia- Herzegovina e Andorra, ademais tamén se confirmou na enquisa que se realiza na entrada a presenza de madrileños e andaluces, malia o peche perimetral.
As visitas guiadas á exposición de José Suárez completáronse durante os dous días e quedaron persoas na lista de reserva. O mesmo sucedía coas actividades infantís, con máis de vinte escolares que quedaron en lista de espera.
Tamén a visita guiada ás Ruínas de San Domingos completouse. Este espazo foi o máis visitado de forma individual.