Á venda as entradas para o concerto de Sés o 22 de maio no Pazo da Cultura
Por Redacción
A xira Liberar as arterias de Sés chega por fin ao auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra despois de ser aprazado en dúas ocasións.
O 22 de maio ás 20 horas está prevista a actuación da artista galega nun auditorio cunha capacidade para 123 persoas que xa poden adquirir as súas entradas a través de Ataquilla por un prezo de 17 euros máis gastos ou no despacho de billetes físico do Pazo dúas horas antes do inicio do evento.
Con Liberar as arterias, Sés presenta un novo traballo discográfico que segue evolucionando o seu particular son. Este sétimo disco mantén e potencia a súa valente mensaxe e percorre América de norte a sur, todo filtrado pola súa alma de cantereira.
Consolidada como unha das artistas de maior éxito en Galicia polo seu carisma, discurso e forza das súas cancións, o seu estilo mestura o rock, a tradición oral galega e certa cadencia da canción de autor latinoamericana con actitude punk.