Amplían ata o 12 de maio a mostra sobre Emilia Pardo Bazán no Museo
Por Redacción
O Museo de Pontevedra vai prolongar ata o 12 de maio a exposición temporal aberta o pasado 9 de marzo sobre Emilia Pardo Bazán.
Os fondos propios relacionados coa autora continuarán á vista do público e realizaranse visitas comentadas todos os mércores ás 18 horas, sendo precisa a inscrición previa.
O obxectivo da mostra, segundo explica o Museo, é dar a coñecer algúns aspectos curiosos da biografía da autora a través dunha selección de creacións artísticas, documentais, gráficas e bibliográficas da institución "por tratarse dun exemplo dunha muller defensora da igualdade que se soubo abrir camiño nun mundo dominado por homes, sendo hoxe unha figura imprescindible da cultura da España da Restauración".
A mostra está aberta na sala do Edificio Castelao onde se atopa a obra do pintor coruñés Joaquín Vaamonde Cornide de quen foi mecenas.
Para participar nas visitas comentadas é necesaria inscrición previa, que debe formalizarse a través do correo electrónico educacion.museo@depo.es (a atención aos correos é de luns a venres de 8:30 a 14:30) ou no teléfono 986 804 100.
Relacionadas:
-
O Museo de Pontevedra multiplica as visitas guiadas durante a Semana Santa
Por Redacción |
-
O Museo de Pontevedra achegará pequenas réplicas dos seus fondos a vilas do Camiño Portugués
Por María José Pita |
-
Preto de 800 persoas visitaron no Museo en apenas tres semanas os cadros expoliados polos nazis
Por Oskar Viéitez |
-
O Museo de Pontevedra exporá as pezas dos seus fondos relacionadas con Emilia Pardo Bazán
Por Redacción |