O 'Pórtico da Gloria' de Villafinez xa está restaurado e exposto no Museo Manuel Torres
Por Redacción
'O Pórtico da Gloria' do marinense Villafinez xa está restaurado e exposto no Museo Manuel Torres. A obra pictórica, pintada no 1933 por Lino Martínez Villafinez, foi restaurada por Eva Fontoira por encargo da concelleira Itziar Álvarez, promotora deste iniciativa de restauración de obras e que tamén impulsou a posta a punto dun dos cadros de Torres.
Durante a presentación, Fontoira explicou que o proceso que levou a cabo consistiu "nunha limpeza, porque tiña unha importante capa de sucidade en superficie moi grosa, ao que se sumaba un verniz oxidado pola antigüidade".
Pola súa banda, Álvarez destacou o cambio na obra. "Gañou en luz, en expresividade, en texturas... Pódense ver os perfís, os distintos volumes, gana en profundidade e pódese apreciar a pincelada do pintor".
Ademais da limpeza, levaron a cabo un cambio de bastidor, sustituíndo o fixo por un móbil de madeira de castaño.
A concelleira agradeceu a Fontoira o seu bo facer na restauración e sinalou a importancia de conservar e recuperar as obras pictóricas que forman parte do patrimonio municipal, especialmente neste caso, nun ano Xacobeo no que Santiago de Compostela, a Catedral e o Pórtico da Gloria, recén restaurado, son enseñas culturais e patrimoniais ao longo de todo o mundo.
Relacionadas:
-
Un dos poucos cadros con hórreo de Manuel Torres, en restauración para amosalo no Museo Municipal
Por Redacción |
-
O Pórtico de Villafinez poderá visitarse xunto con bocetos de Torres dos profetas da Porta Santa
Por Redacción |
-
Preto de 800 persoas visitaron no Museo en apenas tres semanas os cadros expoliados polos nazis
Por Oskar Viéitez |
-
'O Pórtico da Gloria' de Villafinez deixa o Museo Manuel Torres para ser restaurado
Por Redacción |