"Os mozos raritos da clase" estrean o 2 de abril o seu segundo álbum como TNT Band
Como moitas das grandes estrelas do rock, a banda TNT comezou a facer música no garaxe dun dos compoñentes do grupo. Empezaron en 2015, que acabaran de chegar á educación secundaria, e nun principio dedicábanse a improvisar acordes en base aos seus referentes do rock&roll. Iñaki, Manu, Carlos e Sergio foron e seguen sendo os integrantes de TNT, e ningún deles contaba con que unha diversión adolescente sen aspiracións chegaría a converterse nunha banda que publica actualmente o seu segundo disco, "Compañero".
O seu primeiro disco, publicado en novembro do 2018, levounos a saír de xira durante dous anos, na que percorreron salas e festivais por toda Galicia. O grupo explica que "tampouco parecía que esta historia de chavales e rock fose a ir moito máis aló; sería unha aventura como a de moitos grupos que non superan esa primeira gravación". Porén, tres anos máis tarde, teñen data para a publicación do seu segundo álbum.
O disco, "Compañero", publicarase o martes 2 de abril, e do que afirman "supón unha evolución no seu son, unha mellor produción, unhas letras máis maduras e uns arranxos vocais que van sorprender a propios e extraños". Aínda que o disco se publique mañá, xa tiñan aberta a preventa nas súas redes sociais para aqueles que o quixesen recibir uns días antes asinado e dedicado polos propios compoñentes da banda.
"Os mozos raritos da clase", os adoitaban denominar hai uns anos. De feito, eles mesmos se definen como uns adolescentes que nunca foron convencionais, xa que escapaban "de modas e reggaetóns", inspirándose e volcando todas as súas forzas no Rock and Roll máis puro. O disco que sacan á luz conta con 12 temas, que mostran as súas inquedanzas musicais actuais, e que tocan todas as modalidades posibles: desde o ska ata o rap, pasando polo punk ata o rock máis guitarreiro, e mesmo se atreveron coa música clásica, abrindo o disco cun cuarteto de corda composta por eles mesmos e representada por intérpretes profesionales, que son amigos dos membros do grupo.
Desde a banda, declaran que paga a pena abandonar por un anaco as radiofórmulas e os ritmos enlatados, "que soan sempre ao mesmo", e dar unha oportunidade á súa obra, "que plantexa un xeito de facer música que soa ao rock clásico de toda a vida, pero con moitas influencias doutros xéneros que dan un aire fresco e actual a este disco".
Primeiro adianto do disco "Compañero", dispoñible o 2 de abril en todalas plataformas.
Relacionadas:
-
A banda vilagarciá TNT será protagonista por partida dobre
Por Redacción |
-
TNT Band publica 'Compañero', o seu segundo traballo discográfico
Por Redacción |
-
O rock de TNT Band resoa de novo con "Carroñeras", adianto do seu segundo disco
Por Alejandro Espiño |
-
RADIO.- TNT Band, longa vida ao rock and roll
Por Marisa Ciordia |