Ponte Caldelas e Bueu celebran o Día de Rosalía nas súas bibliotecas
Por Redacción
A biblioteca de Ponte Caldelas conmemora este martes o 184 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro cunha exposición sobre a muller máis importante da literatura galega.
A mostra complétase cunha colección dos libros da autora e sobre a escritora dos que dispón a biblioteca municipal.
Os usuario que acudan a esta sala poderán observar decenas de fotografías e obras que teñen como protagonista a esta figura indispensable da poesía española do século XIX.
En Bueu, o persoal da rede de bibliotecas municipais ten en marcha dúas actividades. Por unha banda, na Biblioteca Torrente Ballestar está dispoñible unha exposición bibliográfica sobre a obra rosaliana acompañada de poemas e outros textos de interese. As visitas deben realizarse con cita previa ata o 5 de marzo.
Outra das iniciativas é a elaboración de marcapáxinas con versos da poetisa que se repartirán entre os usuarios das bibliotecas de Bueu, Cela e Beluso.
Ademais, desde o Concello lembran que está en marcha a acción Proxectando a forza de Rosalía, que impulsa a Deputación. A fachada do Centro Social do Mar iluminarase coa imaxe e un texto de Rosalía de Castro a partir deste mércores ás 19.30 horas.
Relacionadas:
-
"Ser Rosalía é ollar cara a unha nova normalidade na que só podemos avanzar"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Caldas de Reis quere contaxiar a vitalidade dos Cantares de Rosalía
Por Redacción |
-
A UVigo celebrará o Día de Rosalía en formato virtual e aberto
Por Redacción |
-
O Día de Rosalía celebrarase con decoración floral na Alameda e unha exposición na Biblioteca
Por Isabel Feijóo Gallardo |