O Día de Rosalía celebrarase con decoración floral na Alameda e unha exposición na Biblioteca
O 24 de febreiro celébrase como cada ano o Día de Rosalía, e a vila marinense terá cor de camelias e son de poesía, todo de xeito telemático.
Así o anunciou esta mañá a concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez, que explicou que, "a pesar das circunstancias, queremos conmemorar igualmente este día, no que poñemos en primeiro plano a unha das escritoras máis relevantes das nosas letras".
Segundo o goberno local, o monólito que se atopa colocado na entrada da Alameda Rosalía de Castro será decorado polas representantes da asociación da camelia, que tradicionalmente organizaban a súa mostra no Museo Torres e que este ano envolcarán toda a súa capacidade artística e decorativa na conmemoración do 24 de febreiro.
Por outra banda, os versos da autora Rosalía de Castro converteranse en voz grazas a dous poetas da vila, que serán protagonistas dun pequeno vídeo que se subirá ás redes sociais do Concello de Marín o mesmo día.
A Biblioteca Pública Vidal Pazos acolle tamén unha exposición con todas as monografías sobre as súa obra e vida.
Relacionadas:
-
"Ser Rosalía é ollar cara a unha nova normalidade na que só podemos avanzar"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Ponte Caldelas e Bueu celebran o Día de Rosalía nas súas bibliotecas
Por Redacción |
-
A UVigo celebrará o Día de Rosalía en formato virtual e aberto
Por Redacción |
-
A Deputación anuncia as actividades ao redor do Día de Rosalía
Por Redacción |
-
Recrean unha visita de Rosalía de Castro á Deputación con motivo da celebración do 183 aniversario do seu nacemento
Por Sara Iglesias & Boris Rodríguez Pintos |