Un reencontro moi esperado cos Domingos do Principal
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz
Juan Mari é un afamado cociñeiro. O seu restaurante ía vento en popa ata que desaparecen todas as receitas do mundo. Ninguén consegue elaborar un prato. Ninguén se acorda de como se cociña, así que todo o mundo aliméntase de "Amonioburguesas". O seu restaurante non vai ben. O banco vai quedar co local se non paga o que debe. Os seus fillos Ander e Greta deciden axudarlle. O curioso é que, a partir deste intre, empezan a desaparecer os nenos…
Esta é a versión libre de 'Hansel e Gretel', a cargo da compañía vasca Borobil Teatroa, que este domingo chegou ao Teatro Principal nas dúas sesións das 12:00 e das 18:30 horas.
Os autores da obra son os irmáns Grimm, e Anartz Zuazua é o director. En canto ao elenco de actores, comparten escenario Kepa Errasti, Libe Aranburu e Asier Oruesagasti.
Desta maneira retomouse o programa Domingos do Principal, adaptándoo ás novas restricións que entraron en vigor o pasado 17 de febreiro. Están, por tanto, adaptados aos novos aforos permitidos e a todas aquelas medidas de seguridade oportunas.
O programa Domingos do Principal continuará, a partir de agora, coa programación prevista. Ademais tamén engade tres xornadas, nos meses de abril e maio, na que reprogramaron as obras que habían sen representar debido ás restricións sanitarias.
Relacionadas:
-
Os monicreques de Contacreques poñen fin á tempada de Domingos do Principal
Por Cristina Saiz |
-
Domingos do Principal internacionalízase con "Semente", da compañía portuguesa Ajidanha
Por Redacción |
-
Domingos do Principal recupera a historia de Jojo, o primeiro orangután rescatado da súa cautividade
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
'Italino Grand Hotel', unha lavandería, un personaxe solitario e unha sombra
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
A lavandería dun hotel, escenario da divertida proposta de Domingos do Principal
Por Redacción |
-
''Brincadeiras da lingua'', o proxecto lingüístico organizado por Migallas Teatro para os cativos e familia
Por Andrea Sánchez Barreno |
-
Domingos do Principal reanuda a súa programación teatral tras o parón polas restricións sanitarias
Por Andrea Sánchez Barreno |
-
Tres espectáculos de "Domingos do Principal", no aire polas novas restricións
Por Alejandro Espiño |
-
Sorrisos sen fin este domingo coa Danza da choiva de Elefante Elegante
Por Cristina Saiz & Redacción |