Domingos do Principal reanuda a súa programación teatral tras o parón polas restricións sanitarias
Domingos do Principal restaura a súa programación teatral despois do parón por mor das restricións sanitarias. As tres obras, que non se puideron representar nas pasadas semanas a raíz das restricións derivadas da situación sanitaria, foron reprogramadas para abril e maio.
A versión libre de 'Hansel y Gretel', a cargo de Borobil Teatroa, Guipuzkoa, chegará ao Teatro Principal nas dúas sesións das 12:00 e das 18:30 horas do vindeiro domingo 21 de febreiro. Esta obra está recomendada para crianzas a partir de 6 anos.
Deste xeito, retómase o programa Domingos do Principal, adaptándoo ás novas restricións que entraron en vigor o pasado 17 de febreiro. Estarán, polo tanto, adaptados aos novos aforos permitidos e a todas aquelas medidas de seguridade oportunas.
Neste momento xa están esgotadas as localidades para o patio de butacas da sesión das 12:00 horas, aínda que por agora quedan algunhas no anfiteatro. Para a sesión das 18:30 horas aínda poden ocuparse localidades tanto no patio de butacas como no anfiteatro.
Os pases restantes poden adquirirse anticipadamente accedendo a Ataquilla.com ou de xeito físico, de 10 a 11h para a sesión matinal, ou de 16:30 a 17:30 para o pase das 18:30 horas. A obra, que ten unha duración de 50 minutos, está recomendada para crianzas a partir de 6 anos.
O programa Domingos do Principal continuará, a partir de agora, coa programación prevista. Ademais tamén engade tres xornadas, nos meses de abril e maio, na que reprogramaron as obras que quedaran sen representar por mor das restricións sanitarias.
O programa, de manterse a situación sanitaria, queda do seguinte xeito:
- Domingo 28 de febreiro: Companyia La Tal, "Italiano Grand Hotel"
- Domingo 7 de marzo: Compañía Borja Ytuquepintas, “Jojo"
- Domingo 14 de marzo: Compañía Ajidanha, “Semente: o homem que plantava árvore"
- Domingo 21 de marzo: Compañía Markeliñe, "Crusoe"
- Domingo 4 de abril: Compañía Higiénico Papel Teatro, “Riquete el del copete"
- Domingo 11 de abril: Compañía Excéntricas e teatro do adro, "Cartoóns"
- Domingo 2 de maio: Compañía Emedous, “Contacreques"
Relacionadas:
-
ButacaZero leva este sábado ao auditorio de Vilagarcía a súa viaxe pola vida de María Casares
Por Andrea Sánchez Barreno |
-
'Italino Grand Hotel', unha lavandería, un personaxe solitario e unha sombra
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
A lavandería dun hotel, escenario da divertida proposta de Domingos do Principal
Por Redacción |
-
Un reencontro moi esperado cos Domingos do Principal
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
O comercio recuperará o seu horario habitual e retómase a actividade cultural a partir deste mércores 17
Por Redacción |
-
A Deputación destinará 300.000 euros ao Rías Baixas Film Fest e aos festivais de música e artes escénicas
Por Redacción |