O rock de TNT Band resoa de novo con "Carroñeras", adianto do seu segundo disco
Por Alejandro Espiño
Hai uns seis anos, catro rapaces de Vilagarcía recentemente chegados á ESO empezaron a tocar xuntos no garaxe dun deles. Hoxe, cun disco publicado en 2018, TNT Band consolídase na escena musical local. Será con Compañero, o seu segundo traballo discográfico.
Este segundo disco sairá á venda o próximo 2 de abril. Estará composto de doce temas nos que mostrarán as súas inquietudes musicais actuais.
Nel, atrévense co ska, o rap, o punk, o rock ou mesmo a música clásica. Abren o disco con tema de cuarteto de corda composto por eles e que tocan intérpretes profesionais.
Compañero é unha evolución no seu son, unha mellor produción, unhas letras máis maduras e uns arranxos vocais que van sorprender a propios e estraños, promete a banda.
Antes da chegada do disco, TNT Band acaba de presentar un adianto en forma de canción. Leva por título Carroñeras, un tema que bebe do rock máis clásico e que mostra madurez nas súas letras, neste caso, denunciando unha sociedade podrecida pola avaricia e o egoísmo.
Iñaki, Manu, Carlos e Sergio, eses rapaces que apenas podían co peso das súas guitarras e que se reunían nun garaxe tratando de xuntar notas e improvisar uns acordes que se parecesen ao que facían os clásicos do rock, xa se fixeron maiores.
Tras dous anos de xira percorrendo salas e festivais de Galicia, regresan con máis forza que nunca e, sen dúbida, darán moito que falar nos próximos meses.
Relacionadas:
-
A banda vilagarciá TNT será protagonista por partida dobre
Por Redacción |
-
TNT Band publica 'Compañero', o seu segundo traballo discográfico
Por Redacción |
-
"Os mozos raritos da clase" estrean o 2 de abril o seu segundo álbum como TNT Band
Por Andrea Sánchez Barreno |
-
RADIO.- TNT Band, longa vida ao rock and roll
Por Marisa Ciordia |
-
Unha banda do IES Castro Alobre de Vilagarcía participa no certame Musicaula
Por Redacción |