Melodías agresivas para unha noite con Malkeda e Tubarao
Por Redacción
A banda pontevedresa Malkeda actuará este sábado 21 na Sala Karma co seu característico son que marca o álbum Un día sin ayer que o grupo presentou no ano 2012. A través de once cancións apostan por un son americano, fero e descomunal non exento de calidade.
Xunto aos pontevedreses, outra banda de son potente, Tubarâo, músicos estremeños que a través dun son metal alternativo con influencias do mellor nu-metal dos 90 se internan nas novas influencias musicais do momento.
O concerto comezará ás 22:00 horas e as entradas na billeteira pódense adquirir ao prezo de 5 euros.
Vídeos de Malkeda e Tubarâo: