O escritor Xesús Constela presenta 15.724 no edificio Sarmiento
Por Redacción
Unha sociedade gobernada por un grupo elitista é o punto de partida de 15.724, unha nova novela do ferrolán Xesús Constela. O autor de Shakespeare destilado emprega neste novo traballo un conxunto de voces narradoras que dan corpo a un traballo crítico e profundo.
O Ateneo de Pontevedra en colaboración coa editorial Xerais, na que se publica a obra, organizou o acto de presentación en el edificio Sarmiento del Museo de Pontevedra. Numeroso público asistiu ao acto que contou coa participación da deputada Ana Isabel Vázquez Reboredo, os escritores Adolfo Caamaño, Xaime Toxo e Carlos Pontes e o director de Edicións Xerais, Manuel Bragado. O grupo de pandereteiras A Buxaina de Coruxo ofreceron unha actuación para amenizar este evento de presentación.