Tres espectáculos de "Domingos do Principal", no aire polas novas restricións pola covid-19 en Galicia
Por Alejandro Espiño
As novas restricións aprobadas en Galicia ante o avance da terceira onda da covid-19 afectaron de cheo ao sector cultural. Todos os recintos onde se programen actividades culturais, como teatros, auditorios ou museos, terán que suspender a súa actividade.
No caso de Pontevedra esta decisión deixa no aire, polo menos ata o próximo 17 de febreiro, tres dos espectáculos que formaban parte do ciclo Domingos do Principal.
Desde o goberno municipal explican que traballarán para que esas tres funciones que quedan suspendidas por orde das autoridades sanitarias se poidan recuperar en datas posteriores.
Esta cancelación afecta en concreto aos tres próximos espectáculos previstos respectivamente para os días 31 xaneiro, 7 de febreiro e 14 de febreiro.
Trátase dos espectáculos Riquete o do Copete, da compañía Hixiénico papel Teatro; Contacreques, de Emedous; e Cartoóns, de Excéntricas e Teatro do Adro.
Os espectadores que adquiriran xa as entradas poderán solicitar a súa devolución a través das canles habituais de compra, neste caso en Ataquilla.com.
Relacionadas:
-
Un reencontro moi esperado cos Domingos do Principal
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
Sorrisos sen fin este domingo coa Danza da choiva de Elefante Elegante
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Pasar unha boa tarde de domingo e, de paso, reflexionar todos xuntos
Por Cristina Saiz |
-
Dez semanas de teatro infantil sen interrupción nun Domingos do Principal que irá adaptando as butacas á pandemia
Por Natalia Puga |