"2021 en todo Ponte no hay ninguno que te lo escupa tan puro con los flows que traigo yo", así soa o proxecto musical de @ellenterao
Por Redacción
Música rapeada cun importante traballo de produción detrás. Estas son as características básicas do proxecto musical pontevedrés Pop Diablo El Indie K.O. (@popdiablo). Esta fin de semana presentaban o tema 'Non-Stop', o cuarto dun proxecto que se iniciaba o 1 de xaneiro de 2021 ás 00.00 horas.
Esta proposta musical xorde da man do produtor audiovisual, técnico de son e artista multidisciplinar Pablo García @ellenterao en colaboración con NTS Films, entidade fundada polo filmmaker David Nantes (@nantes1991).
Cada fin de semana presentan un novo episodio musical e teñen previsto realizar eventos alternativos en formato online como 'El infierno stream', que se desenvolverá este venres 29 desde a canle de Youtube de Pop Diablo El Indie K.O. Será entre as 18.45 e as 00.00 horas coa participación de diversas propostas de música urbana. Neste stream van interpretarse en vivo os catro primeiros episodios deste proxecto e con adiantos dos temas que se publicarán proximamente. Tamén contarán con sesións de 2carlesvalier, o dj oficial de Pop Diablo.
No estlo de Pablo García combina movementos urbanos como rap, trap ou hip hop con grunge e pistas distorsionadas que achegan rabia a unhas pezas musicais nas que non faltan referencias á cidade.